Quen non respecta a liberdade, non respecta o seu pobo
Agolada
15 Dec 2024. Actualizado a las 17:49 h.
Vendo o que pasa nas últimas semanas en Agolada creo que dende o noso grupo político debemos de facervos pública unha reflexión acerca do que significa para nós a liberdade.
Fai xa ano e medio que foron as últimas eleccións municipais, e dende o Partido Popular presentámonos ás mesmas cun lema que igual non todo mundo entendeu, pero que seguramente nas últimas datas colleu mais forza que nunca, Agolada de Todos!.
Queríamos deste xeito expresar o que queríamos para o noso pobo, un lugar onde a veciñanza se sentira parte dun todo, onde non existisen divisións por pensar dun xeito ou de outro, e onde sobre todo se respectara á xente. Nós xa estábamos a sufrir o desprezo dun Alcalde que nos atacaba e insultaba simplemente por poñer encima da mesa que estaba a gobernar sen xeito, gastando máis do que tiña, e vivindo da mentira, tratando de que a xente se crese o que el lle dicía cando os datos dicían o contrario, pero o peor non era iso, o peor era que xa sabíamos das ameazas a veciños, de denuncias por peches ilegais, dos insultos de traizón por non apoialo, e xa tiñamos constancia de falcatruadas varias para prexudicar a quen o critica e favorecer a quen o adula, propio dalguén que ten a Cuba e Venezuela como referentes da súa particular democracia.
Hoxe, a bola xa se fixo máis grande, o que pasou nas derradeiras semanas coa Banda de Música non é mais ca unha mostra do que él busca, nomear e decidir as directivas, machacar a quen non lle fai reverencias, e insultar a todo aquel que ose dicirlle que a cultura dun pobo e as súas xentes sempre están por encima dun mandatario.
Luís Calvo non quere unha Banda Municipal de Agolada, non lle importa, como non lle importa nada a cultura de Agolada, non hai máis que ver que creou un perfil de Facebook para promocionar as actividades culturais feitas dende o Concello e tan so colgou unha foto dos pendellos, e despois meses de silencio. Luís Calvo o que quere e unha Banda do PAyJ, onde él sexa o Presidente, o Director e incluso o músico, onde él poida tomar calquera decisión sobre a escola, e estamos seguros que se lle deixan ata se metería no repertorio.
Pero a cultura dun pobo, non é nin del nin de ningún Partido Político, é un patrimonio do pobo e dos que se implican por facer actividades e dar vida.
Sei que o fácil será empregar esta carta aberta para acusarnos de politizar e de instrumentalizar a Banda, pero non nos imos a defender diso, se temos que cargar con ese San Benito para pelexar a reo pola liberdade de calquera asociación ou veciño de Agolada cargaremos, porque si, seguimos querendo unha Agolada de Todos e para Todos, e non un pobo onde o Alcalde decida que música ten que sonar en cada caso.
María de Carmen Seijas
Voceira do Grupo Popular de Agolada