La Voz de Galicia

«Que se perda a identidade xoróbame»

Silleda

P. V.

Na Casa da Cultura de Silleda preséntase hoxe as 20.30 horas o libro «A luz da escuridade», de José Ramón Castro Frade

01 Dec 2016. Actualizado a las 05:00 h.

Na Casa da Cultura de Silleda presentase hoxe as 20.30 horas o libro A luz da escuridade. O autor, novel aínda que sempre lle tirou escribir e fixo cousiñas, José Ramón Castro Frade, é referente local. Xubilado máis con 34 edición da Semana Verde dende a primeira en múltiples cargos, na Asociación e Padroado e logo empregado, e dos que compatibilizou moitos co labor no María Inmaculada. Titulado en Turismo e outros frontes soltouse a escribir o que foi gardando na mente, tras moita reflexión coidando a súa nai con Alzhéimer e moita inquietude polo que se perde. Suma unha mostra de mais de cen fotos de años, complementarias ó libro, texturas, moitos elementos do vivido «do que eramos e en que camiño imos. Non teño nostalxia das cousa vellas, quero evolución pero conservando a autenticidade». Estará respaldado por amigos. Compartiu horas con Xosé Bahamonde na feira e hoxe decano de Ciencias Sociais na en Vigo e co académico Torres Queiruga o seu vello profesor de Filosofía en Santiago, «referente de galeguidades». Respaldan o acto tamén o alcalde Manuel Cuíña, o secretario xeral, Valentín García o arquitecto Abraham Castro e o xerente de Hoxe, Lito Andión.

 

-Quería recompilar e facer algo sobre a perda de identidade do interior de Galicia. O primeiro, a lingua, xa non a fala todo o rural, aínda sendo importante o labor de Política Lingüística de normalizala nas escolas. Hai un trasfondo económico que fixo evolucionar cara a produción deixando obsoletos instrumentos e usos que esmorecen e perden significado, e son signos de identidade que non debían perderse, vaise parte da nosa personalidade. Non son só obxectos, e unha maneira de ser. Universalízase todo e esa perda de identidade xoróbame... fai igual a un galego que a un castelán ou a un húngaro.

-¿Como o traslada ao libro?

-Con moitas mensaxes. É unha ficción narrativa. Hai chamadas a reflexión sobre o noso mundo que esmorece. Con un fío condutor, destinado a xente nova e válido para adultos para lembrar elementos que coñeceron e interpretan en clave persoal.

-¿Que mira neses detalles?

-Non me interesan tanto os detalles se non que os elementos distintivos como no campo do turismo, son os elemento xenuínos nosos, polos que nos veñen a ver, sen eles non virían, encontran algo distinto. A Galicia ves á gastronomía, a paisaxe, as dimensión do mar, o románico e o barroco. Si nos desprovemos deses elementos diferenciais universalizámonos e despersonalizamos. É unha chamada de atención sobre ese capítulo.

-¿Feira e colexio inciden?

-Si, si. Sen esa formación non podería facer as piruetas lingüísticas para transmitir mensaxes e o contacto na feira fíxome concienciar co entorno coa autenticidade. En Turisport coñecín que coño era o que lle interesaba os estranxeiros e o que temos que venderlles. Tes que ser xenuíno, coñecelo para que capten a esencia que lle toque o corazón. A nosa natureza non fomos capaces de sintetizala nin vendela, temos carencias formativas para turismo, os nosos camiños son enormemente valiosos e non o valoramos, pasear por entre vexetación é respiro, alivio, pisar a follas do outono... e por contra por aí ensínannos cada carallada que non ten traza.


Comentar