La Voz de Galicia

Silleda pedirá á Ragba que dedique un Día das Artes Galegas a Colmeiro

Silleda

08 Oct 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Silleda remitirá unha proposta á Real Academia Galega de Belas Artes (Ragba) para que dedique nos vindeiros anos un Día das Artes Galegas ao pintor silledense Manuel Colmeiro. Unha iniciativa que busca recoñecer e poñer en valor a figura e a obra dun dos artistas máis destacados de Galicia, que faleceu fai 25 anos. A iniciativa elevárase primeiro a aprobación plenaria, ademáis de solicitar o apoio das distintas asociacións e entidades culturais do municipio e da comarca para reforzar a petición.

Manuel Colmeiro naceu na parroquia de Chapa en 1901 e foi emigrante en Bos Aires de neno, cidade onde formouse artisticamente e entrou en contacto coas vangardas europeas e latinoamericanas. Viaxou a París, onde perfeccionou a súa técnica e desenvolveu un estilo propio, caracterizado polo uso de cores vivas e formas simplificadas, cunha clara influencia do cubismo e do fauvismo.

O silledense foi un dos grandes impulsores do movemento renovador da arte galega xunto a Laxeiro, Carlos Maside ou Arturo Souto. A súa obra abarca desde escenas rurais galegas ata composicións abstratas, sempre coa intención de reflectir a esencia e a identidade de Galicia. O pasado venres houbo en Silleda varios actos coincidindo co 25 aniversario do seu pasamento.

O Día das Artes Galegas foi institucionalizado por la Ragba no 2015, unha celebración fixada o 1 de abril de cada ano para homenaxear a figuras senlleiras. Castelao, Maruja Mallo, Luís Seoane, Laxeiro ou Mestre Mateo xa tiveron ete recoñecemento e este año dedicouse a Francisco Asorey e no 2025 será homenaxeado Isaac Díaz Pardo.


Comentar