La Voz de Galicia

O Regueifa Tour chega este venres a Vila de Cruces

Vila de Cruces

La Voz Carballo/ La Voz
Regueifa Tour en Vila de Cruces, en decembro do 2023

Participarán regueifeiras locais do instituto Marco do Camballón, así como de Santiago e O Courel

13 Dec 2024. Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • É Bergantiños berce da regueifa, un lugar por tanto dende o que celebrar iniciativas como a que hoxe, venres, chegará a Vila de Cruces. Trátase do festival de regueifa adolescente Regueifa Tour, que botou a andar en outubro en Redondela e xira por diferentes vilas e cidades galegas. Desta volta, o espazo de celebración será o auditorio Xosé Casal, ás 18.30, cun espectáculo que contén dende música e regueifa tradicional atá improvisación sobre bases electrónicas, audiovisual, xogos de humor ou temas vinculados a movementos sociais. Este Regueifa Tour reunirá en Vila de Cruces a regueifeiras locais do instituto Marco do Camballón —habitual nos Premios Galegas da Regueifa promovidos por La Voz en Carballo— con regueifeiras de Santiago de Compostela e O Courel. Presentarán dúas repentistas, Nuria Penas e Lorena Medela.


Comentar