«Cando teño exame chamo dez veces ao día a miña nai»
Educación
Hoxe recibirá o galardón no Rectorado da Universidade de A Coruña
27 Jan 2012. Actualizado a las 07:00 h.
A xovense Yasmina López Hermida (Ourol, 1993) recibe esta mañá na Universidade de A Coruña o premio Excelencia Académica Bacharelato por ser a alumna con mellor nota do bachiller que entrou na carreira de Comunicación Audiovisual. 24 horas antes contaba as horas para o seu último exame do cuatrimestre, da asignatura de Historia da Radio e Televisión, cos nervios propios do momento.
-Está no primeiro ano de carreira, ¿como vai a experiencia?
-Ao principio, o reitor nos metía medo, pero se gusta... para diante. Si, é o que quero facer.
-Á hora de estudar, ¿entraría no grupo dos que traballan a reo ou dos que con preparar un pouco a materia, xa está?
-Iso da sorte do momento, no meu caso nada de nada. Ou estudo ou suspendo. Son das que ten que estar todos os días traballando. Teño dúas irmás que son o contrario. A máis maior é superintelixente, cando ela daba un repaso a min me facían falla cinco. A outra obtivo un premio ao mellor expediente académico a nivel nacional [esta nova a recollía La Voz de Galicia na súa edición de A Coruña no 2007].
-Ou sexa... vén de familia.
-Home, non se pode dicir así. No meu caso vén do traballo e do esforzo. Sabiamos que queriamos facer e ser, independientemente de que che vaia mellor ou peor.
-Cando ten un exame, ¿como o leva a súa familia e mozo?
-Con moita paciencia. Chamo dez veces ao día a miña nai e ao mozo. Póñome supernerviosoa.
-¿Sorprendeulle lograr o Premio de Excelencia Académica?
-Non esperaba nada. Entreguei as notas que tiven no bacharelato contando que non mo deran. Foi unha alegría para min. É moi importante. Independimente do talón económico [de 769 euros brutos], é máis polo valor de telo no currículo.
-Estudou no Monte Castelo de Burela. ¿Como lle resulta o paso do IES á universidade?
-Xa boto de menos o instituto. Se houbera unha universidade cerca da casa... íame cos ollos pechados. Tiven bos profesores, que se botan de menos. Os de Artes son magníficos, e o resto tamén. Son xeniais, igual que a miña familia. Vou sempre á casa a non ser que teña exames.
yasmina lópez hermida estudante DE xove, premio de excelencia académica