Chus López, BNG de Samos: «Nunca tivemos unha alcaldesa e xa vai sendo hora»
Elecciones 28M
A candidata nacionalista deu a sorpresa e, con tres concelleiros, poderá gobernar co apoio dos dous ediles do PSOE
29 May 2023. Actualizado a las 19:55 h.
Samos é un dos poucos concellos que cambiarán de alcalde e partido para os próximos catro años. A retirada do exrexedor socialista Julio Gallego e a candidatura do seu fillo polo PP protagonizaron a campaña, pero non conseguiron o seu obxectivo. Os populares gañaron en votos pero non teñen maioría, quedándose en catro concelleiros. Nese contexto de crises internas, o BNG saiu moi favorecido e pasou por diante ao PSOE. Chus López conseguiu tres concelleiros e os socialistas dous, polo que, se hai pacto, será a próxima alcaldesa de Samos. Este luns, Félix Jorquera entrevistaba á protagonista da xornada electoral en Radio Voz.
—Supoño que foi unha xornada taquicárdica con cifras ata último intre que deixaban o goberno ou en mans conservadoras ou progresistas.
—Si, foi unha xornada de moitos nervios, ata o último momento non as tiñamos todas con nós. Estivo moi reñido e emocionante. Estamos moi contentos.
—Un concello moi sinalado polo que sucedera no troco de candidato do PP. Recordamos que encabezaba Miguel Gallego, o fillo do anterior alcalde socialista, polo que en vez de Gallego será Galego do Bloque Nacionalista Galego.
—Pois si. Afortunadamente estaremos aí. Teremos que pactar co PSOE pero ábrese unha nova posiblidade.
—Sobre eso, houbo un primer contacto co partido socialista para perfilar esa investidura, supoño que liderada polo BNG que tivo más concelleiros.
—Teremos que empezar a sentarnos a falar pero creo que temos o mesmo obxectivo e que a cousa é favorable.
—Estráñase cando lle din dende onte «alcaldesa»?
—Faime gracia, pero teremos que esperar a sentarnos. Estaría moi ben porque Samos nunca tivo unha alcaldesa e xa vai sendo hora, e se é do Bloque pois mellor aínda.
—Cando se confirmaron os datos, cal foi a primeira chamada que efectuou e a primera que recibiu?
—Tuven moitas chamadas de compañeiros. Na mente tiña ao meu abuelo, fun hoxe á mañá a contarllo porque onte era tarde. El é do Bloque de toda a vida.
—A primeira cousa da que se fale cando chegue ao consistorio cal podería ser?
—Pois escoitar a todos os veciños. Empezar a traballar e sacar desta época tan escura que veu adoptando Samos e ter orgullo de ser do noso concello. Mellorar o que temos e traballar polos veciños.