Cultura confinada, pero necesaria
Aniversario pandemia
O estado de alarma obrigou a paralizar practicamente a totalidade das actividades presenciais, que se trasladaron ao ámbito dixital, onde o sector demostrou que non é algo accesorio, senón imprescindible
10 Mar 2021. Actualizado a las 17:21 h.
O 15 de marzo do 2020, o mundo da cultura, como o resto da sociedade, ficou paralizado. Canceláronse concertos, obras de teatro, presentacións de libros. Pecháronse ao público exposicións, bibliotecas, librerías e museos. Pero, tras o desconcerto inicial, axiña se tratou de recompoñer a situación: se os espazos compartidos estaban vedados, a esfera dixital común sería ese lugar onde volverían fluír as ideas e as artes. Dende recitais en liña a obradoiros, a explicación dun cadro ou un concerto na sala de estar: creadores, institucións e empresas decidiron non deterse e trasladaron á Rede a súa oferta, en beneficio da súa actividade e do seu público. E este agradeceullo: a lectura foi a terceira actividade que mellor contribuíu, despois de ver a televisión e conversar con amigos e familia, a levar o confinamento, demostrando así que a cultura non é un accesorio nin superficial, senón imprescindible para manter a vitalidade e a conexión co mundo e cos nosos semellantes.
Ese dato da lectura é un dos citados no informe Influencia da covid-19 nos hábitos culturais da poboación galega, unha radiografía que permite facerse unha idea a través de cifras do impacto da pandemia no sector das artes en xeral. O traballo do Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura inclúe referencias non tan optimistas e que, máis alá de poñer sobre a mesa como a crise do coronavirus tamén prexudicou a cultura, deberan mover á reflexión sobre a relación da sociedade cos seus creadores.
Caída comercial
Se a lectura foi un deses bálsamos que contribuíron a manter o espírito durante as longas semanas do confinamento, este hábito non se correspondeu cun aumento na adquisición. Segundo o informe, a compra de libros baixou do 52,2 % habitual anterior á pandemia ata un 38,4 %, o que equivale a unha perda de 338.000 compradores. As cifras son aínda máis estarrecedoras no que atinxe á música e as artes escénicas, as principais damnificadas pola suspensión das súas actividades, dos concertos ás representacións teatrais. Aínda que o consumo de música descendeu lixeiramente -grazas aos formatos dixitais-, os concertos perderon 863.000 espectadores. Algo semellante aconteceu nas artes escénicas, que perderon tamén 732.000 espectadores. A caída na asistencia ás salas de cine foi do 44,4 %.
Coas canles de chegada aos seus destinatarios pechadas por mor da pandemia, a creación aproveitou o eido dixital e as redes para non perder o contacto co seu público, ademais de combater os estragos dunha parálise total. Deste xeito, unha vez recuperados da sorpresa inicial que trouxo o estado de alarma, as redes enchéronse de propostas de todo tipo: as orquestras e grupos de diversos estilos gravaron interpretacións domésticas que levantaban o ánimo; autores, editoras e librerías celebraron clubs de lectura e encontros virtuais; museos e galerías propuxeron percorridos a distancia para admirar os seus fondos... por citar só tres das incontables iniciativas que mantiveron aceso o facho da creación e evidenciaron o papel crucial da cultura nas nosas vidas. Como a definiu a xornalista e escritora María Solar co gallo do Día do Libro Infantil e Xuvenil, «alimento para a alma».
O debate da gratuidade
A práctica totalidade destes contidos compartidos na Rede foron de balde. Unha circunstancia que propiciou un debate sobre a gratuidade da cultura. Dunha banda, foi unha mostra de xenerosidade e solidariedade nuns intres complexos, con moitas persoas afectadas por regulacións de emprego e coa sensación de incerteza aparellada á pandemia. Pero doutra, tamén puxo o foco sobre a precariedade que caracteriza a situación laboral do sector, moitas veces á mercé de calquera factor que afecte á economía. A cultura non acabara de recuperarse plenamente da longa crise económica que se prolongaba dende o ano 2008, deixando a un lado a porcentaxe moi baixa de creadores que poden vivir dos ingresos da súa obra, como confirma o informe presentado recentemente pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega: os ingresos medios dun autor galego polos dereitos da súa obra non superan os 1.000 euros anuais e para un 72 % os ingresos derivados das súas creacións representan menos do 10 % do que gañan cada ano.
A cuestión sobre a remuneración da creación cobra máis forza neste contexto negativo da pandemia. A Asociación para el Desarrollo de la Propiedad Intelectual calculou en 3.000 millóns de euros durante só o primeiro mes da pandemia. En toda España foron unhas 30.000 funcións as que se suspenderon e 5,7 millóns as entradas anuladas. Datos que contrastan coa percepción dos consumidores: segundo o informe do Observatorio da Cultura, un 53,6 % cren que o consumo se mantivo nos mesmos niveis que antes da pandemia, fronte a un 29 % que aprecian que houbo unha caída e un 8,7 % que consideran que a diminución foi moi grande.
Para axudar a reducir o impacto das cancelacións e dos ceses de actividades, a Xunta puxo en marcha un programa de reactivación cultural con axudas ao sector e unha campaña para incentivar o consumo. Ata medio milleiro de espectáculos formaron parte desta iniciativa polo de agora. Porque, malia ás incertezas da pandemia, o que si está claro é que a recuperación será tarefa a longo prazo.
O impacto da pandemia na cultura en primeira persoa
Eduardo Alonso: «Foi un "annus horribilis". Se se repite no 21, acaba con nós tras 35 anos»
Eduardo Alonso teno claro. Foi o peor ano nos máis de 35 de traxectoria de Teatro do Noroeste. «Foi un annus horribilis; e o 2021 vai camiño de ser parecido. Se se repite este ano, acaba cunha compañía de 35 anos de actividade ininterrompida». Afirma que tiveron menos da metade de funcións e «no noso caso, non recibimos ningunha axuda, e iso que nos presentamos a todas as convocatorias». Explica que tralo peche de teatros, aínda que se recuperaron funcións, moitas quedaron pendentes. Agora preparan novo espectáculo, que estrearán en Narón en maio, pero tiveron que cambiar de proposta para reducir o elenco.
Asunta Rodríguez: «El mercado del arte sufrió un parón, pero no tan grave como en el 2009»
«La única certidumbre que hay en el mercado del arte es que estamos constantemente instalados en la incertidumbre», dice Asunta Rodríguez, de la galería Trinta, que abrió sus puertas hace 36 años. Afirma que la pandemia «provocó un parón en el mercado que estaba empezando a salir de la crisis financiera. Pero la situación no es tan grave como en el 2009, aquello fue catastrófico». Ahora, la mirada está en que «la economía no se desplome». La crisis sanitaria la llevó a emprender nuevos proyectos virtuales y también hubo aprendizaje personal: «Puedo vivir sin coche, sin viajar, pero no sin películas, música...».
Amaro Ferreiro: «Tenía un montón de fechas para presentar el disco y se anularon»
El 14 de febrero del 2020 salía Personajes secundarios, el último disco de Amaro Ferreiro. Ese mes de normalidad apenas dio para sacar la cabeza y poco más. «Los proyectos pequeños necesitan tiempo y poder tocar en directo», dice. Su plan se encontró con las restricciones de la pandemia. «Tenía un montón de fechas para presentar el disco, que se anularon. Contaba con el soporte de un patrocinador para un ciclo de cinco actuaciones y solo llegué a hacer una. Y tampoco pude ir a festivales». Ferreiro da por perdida esa promoción: «La vida sigue. Cuando se pueda volver, este disco ya no será novedad», concluye.
Henrique Alvarellos: «O confinamento fixo que moita xente descubrise as bondades da lectura»
O negocio editorial «entrou en pánico en primavera» cos tres meses de peche, sen posibilidade de comercialización, como calquera sector produtivo, sinala Henrique Alvarellos, director do selo que leva o seu apelido. Pero a catástrofe que auguraban atenuouse coa apertura das librerías no verán e a campaña de Nadal e, en parte, sinala, cun público novo que aflorou ao fío da pandemia. O ramo estima nun 15 % a caída de ingresos no 2020. «O confinamento e a saturación das pantallas fixeron que moita xente non habitual descubrise as bondades da lectura, achou a carón dun libro ese acubillo tan necesario nestes tempos», ensalza.
Santiago Olmo: «Es más fácil acabar con el hábito del arte que crearlo; toca reconstruir»
Para el director del Centro Galego de Arte Contemporáneo, Santiago Olmo, la cultura sin presencialidad pierde parte de su potencia, y ocurre también en los museos, aunque en ellos -frente a los conciertos o el teatro- el disfrute pueda ser un hecho individual. Olmo admite que los equipos están agotados psicológicamente después de casi un año de trabajo sin perspectivas, con grandes dificultades y sin la respuesta habitual del público, que -agrega- sigue teniendo miedo a acudir ante el covid-19. Sin embargo, habrá que seguir trabajando, dice, porque ahora «toca reconstruir la confianza de la gente, y es más fácil acabar con el hábito del arte que crearlo».
Carlos Montilla: «Esto ha puesto en riesgo diez años de trabajo y crecimiento empresarial»
Como a todas las promotoras de conciertos gallegas, el coronavirus hizo tambalear por completo a I-Radia. «Esto ha puesto en riesgo diez años de trabajo y crecimiento empresarial», resume Carlos Montilla, que vio como en el 2020 se redujo «en un 90 % la contratación». El promotor dice que esta situación «ha obligado al sector a reinventarse». Un ejemplo ha sido su festival 17.º Ribeira Sacra, adaptado a las circunstancias con artistas nacionales con éxito. Teme al panorama pospandemia. «Va a hacer falta mucho apoyo institucional, porque creo que nos vamos a encontrar cuando todo esto se termine una crisis profunda», indica.