Grandes autores galegos visitan as librarías de Ferrol con Maquinarias Teatro
Ferrol
Cada venres ás 18.00 horas e cada sábado ás 11.30, Helga Méndez e Óscar Gaez transformaranse en Castelao, Xela Arias ou Pardo Bazán
24 Nov 2022. Actualizado a las 19:07 h.
Helga Méndez, de Maquinarias teatro, vén de organizar xunto co autor Óskar Gaez unha proposta de ocio e cultura para todos os públicos. O ciclo «Encontros literarios» comezou o pasado venres, 4 de novembro, cunha representación de obras de Castelao na tenda Metrópolis Cómics e seguirá rotando polas librarías de Ferrol.
Cada venres ás 18.00 horas e cada sábado ás 11.30, Méndez e Gaez transformaranse nos grandes escritores da literatura galega para falar da súa biografía e a súa obra. Ademais, pedirase aos máis pequenos que colaboren na creación dun grande mural temático que posteriormente a este ciclo se exhibirá en forma de exposición. Os «Encontros literarios» prometen traer á vida a Rosalía, Castelao, Pardo Bazán, Carvalho Calero, Xela Arias, Concepción Arenal, Valle-Inclán e Blanco Amor. O próximo encontro terá lugar na Central Librera da rúa Real ás 18.00 horas da tarde.