Joana Serrat leva a súa calidez musical a Narón este venres
Ferrol
Presenta o seu disco «Big Wave», eloxiado especialmente pola crítica británica
15 Nov 2024. Actualizado a las 11:18 h.
A nostalxia imprime a música de Joana Serrat, unha das artistas catalanas máis recoñecidas e con maior proxección internacional. E en pleno outono naronés, este venres chega ao Café Teatro do Pazo da Cultura. Alí actuará ás 20.30 horas, nun espectáculo organizado polo Padroado da Cultura e Embora Producións. As entradas teñen un prezo xeral de 12 euros.
Joana Serrat presentará aquí o seu disco Big Wave, especialmente eloxiado pola crítica británica. Segundo a organización, «a súa música soa cálida, próxima, universal e cautivadora; cunhas coordenadas musicais marcadas pola americana, pero tamén pola tradición folk británica».
O seu mundo é de «paisaxes abertas e horizontes esperanzadores, con nostalxia pero sen tristeza».