La Voz de Galicia

As Pontes abrirá o día 21 a inscrición no taller «Mirada feminina a través da arte»

As Pontes

LA VOZ AS PONTES

A delegación municipal de Igualdade organiza esta actividade

18 Oct 2024. Actualizado a las 05:00 h.

O luns, día 21, abrirá o prazo de inscrición no taller «Mirada feminina a través da arte», dirixido a mulleres maiores de 55 anos que residan no municipio de As Pontes.

O Concello busca promover o empoderamento das participantes nesta actividade, «mediante o desenvolvemento da súa autonomía persoal, persoal e psicolóxica».

Para participar hai que anotarse antes chamando aos números de teléfono 981 441 008 ou 627 779 192. 


Comentar