La Voz de Galicia

A trombonista viveirense Xiana Naval Chaves actuará o de 2 novembro no Barqueiro coa banda Loita Amada

Mañón

<span lang="gl">A nova formación de Loita Amada, coa viveirense Xiana Naval Chaves, trombonista, no centro</span><span lang="gl">A nova formación de Loita Amada, coa viveirense Xiana Naval Chaves, trombonista, no centro</span>

A formación que lidera Jásper estreará formación no Bar Queiro

01 Nov 2024. Actualizado a las 10:43 h.

A trombonista viveirense Xiana Naval Chaves actuará este sábado, 2 de novembro, coa banda Loita Amada no concello de Mañón, no Bar Queiro. O concerto terá lugar a partir das 23.00 horas, aínda que a apertura de portas comezará media hora antes. «Prepárate para unha noite única cunha das bandas máis revolucionarias da escena galega. Liderada por Jásper e Amós Varela, Loita Amada ofrece un son único que non deixará indiferente a ninguén. Dende a muñeira ata o rock máis contundente, a súa música é unha chamada á liberdade, á resistencia e ao amor polas nosas raíces», destacan desde a organización.

A banda, que o pasado verán actuou no festival Aturuxo, en Bravos, e en febreiro no pub El Garaje, de Viveiro, está presentando o seu álbum máis recente, titulado Rematou o Simulacro, un traballo que mestura a canción protesta galega coa forza do rock e a tradición. Tamén presentan a os tres novos componentes da banda, que xunto con Jasper, Amos e Xiana completan a formación. «O seu primeiro disco, Viva a Loita Amada Revolucionaria!, segue marcando o camiño cunha obra cargada de sentimento, forza e poesía. Cada canción é unha reflexión sobre a liberdade, o amor polas nosas raíces e a loita por un futuro máis xusto. Unha fusión única de estilos que vai dende o folk máis profundo ata o rock máis rebelde», apuntan. 


Comentar