A memoria das mulleres de Mañón e a auga, nunha exposición no Abeiro do Sor
Mañón

A mostra recolle fotos de fontes e lavadoiros
23 Mar 2025. Actualizado a las 05:00 h.
As mulleres foron, tradicionalmente, as que acudiron ás fontes e botaron horas coas mans entumecidas nos lavadoiros.
Agora, o Concello de Mañón, a través da área de Servizos Sociais e Igualdade, réndelles homenaxe cunha exposición de fotografías (na imaxe, a inauguración). Pódese ver no Abeiro do Sor.
Neste concello hai «varias decenas de fontes e lavadoiros en bo estado», que ademais son parte do patrimonio local.