Moeche dará 150 euros aos veciños con renda baixa para pagar a luz
Moeche

O Concello destina catro mil euros a este fin, entre fondos propios e achegas da Deputación
05 Oct 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Os veciños de Moeche con rendas máis baixas poderán optar a unha axuda de 150 euros por parte do Concello para pagar a factura da luz. En total, destinará catro mil euros a este fin, mediante fondos propios e achegas do POS Social da Deputación.
O prazo para solicitar este abono será de 15 días naturais, contados desde que se publique no Boletín Oficial da Provincia (BOP), como indica a rexedora, a nacionalista Beatriz Bascoy.
Entre os requisitos para percibir as axudas figura estar empadroados en Moeche desde hai polo menos seis meses e ser beneficiarios do bono social eléctrico cunha antigüidade mínima de tres meses (os que non tamén terán algunha opción dependendo da súa renda).