La Voz de Galicia

Moeche adxudica un tramo de beirarrúa nas Sete Pontes, na AC-862

Moeche

LA VOZ MOECHE

O orzamento ronda os 40.000 euros, financiados polo POS+ da Deputación de 2024

15 Jan 2025. Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Moeche adxudicou as obras para construír un tramo de beirarrúa no lugar das Sete Pontes, en Abade, na marxe da estrada AC-862, por 39.984 euros.

O orzamento está financiados con fondos do plan POS+ da Deputación Provincial da Coruña correspondente ao exercicio de 2024.

Executarase unha senda a nivel pavimentada en formigón impreso, similar á dos núcleos de Mil de Abaixo e Mil de Arriba, segundo explica a alcaldesa, Beatriz Bascoy (BNG).


Comentar