Moeche forma aos veciños para manexar mellor as emocións
Moeche
O Concello promoveu sesións formativas cos rapaces e cos adultos
26 Feb 2025. Actualizado a las 05:00 h.
A Concellería de Igualdade de Moeche quere que os seus veciños aprendan a xestionar mellor as súas emocións. Con ese fin organizou un programa de alfabetización emocional para familias e menores.
Comprende varias sesións formativas prácticas e dinámicas, «enfocadas a desenvolver habilidades que permitan enfrontar os desafíos emocionais dunha maneira saudable e construtiva».
As xornadas para as familias comezaron onte e seguirán este xoves, de 19.00 a 20.30 horas, no centro Francisco Piñeiro; e as dos rapaces foron no colexio, traballando a inclusión e a igualdade.