O BNG teme que ao final se forme en Mugardos «un goberno vulnerable»
Mugardos
A vindeira reunión das esquerdas será o día 28
20 Oct 2024. Actualizado a las 05:00 h.
As negociacións para unha moción de censura en Mugardos non semellan unha balsa de aceite. O BNG reuniuse onte primeiro con EU e despois co PSOE. E segundo os nacionalistas, «Esquerda Unida está disposta a asinar a parte motivacional da moción, pero evita comprometerse na xestión dos problemas». Ante esta situación, o BNG teme que se forme «un goberno vulnerable».
Asegura Evaristo Deus, cabeza de lista do Bloque mugardés, que «non podemos asumir a alcaldía sen un mínimo acordo coas outras forzas de esquerdas, iso sería quitar un goberno para poñer outro vulnerable».
As esquerdas volverán a falar o día 28. O PP goberna en minoría con cinco concelleiros. O BNG é a forza máis votada da oposición con tres concelleiros, o PSOE ten outros tres e Esquerda Unida dous.