La Voz de Galicia

O BNG naronés reclama melloras no camiño do Lodairo, xunto ao centro de saúde

Narón

Entorno do centro de saúde de Narón.

Desde a apertura do ambulatorio, incrementouse o tráfico na zona

10 Jan 2025. Actualizado a las 05:00 h.

Ante o incremento de tráfico debido á posta en funcionamento do novo centro de saúde de Narón, o BNG reclama melloras para o Camiño do Lodairo.

Aseguran os nacionalistas que «pertence a unha zona rural pero agora ten moito tránsito de vehículos, o que pon en perigo a tranquilidade das veciñas e veciños que viven no mesmo e tamén dos viandantes».

A través dun comunicado, recorda que é un camiño «estreito e sen beirarrúas». E reclama ao goberno municipal «que se arranxe ancheándose para que se poidan cruzar dous coches e non teñan que saírse da estrada para poder deixar pasar ao que chega de fronte, construíndo beirarrúas polo menos nun lateral, e colocando pasos elevados para que os coches que circulen se vexan na obriga de reducir a velocidade».


Comentar