Os Bolechas lanzan un libro sobre Neda para educar en igualdade
Neda
«Xuvia pode ser o que queira!» amosa ademais espazos emblemáticos como a fervenza do Belelle ou Ancos
02 Aug 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Neda acaba de presentar esta semana un libro dos Bolechas, ambientado nesta vila e que educa en igualdade, chamado Xuvia pode ser o que queira!.
Amosada na escola infantil e no campamento de verán, a obra editada polo Concello «pon en valor espazos emblemáticos como a fervenza de Belelle ou Ancos, e fala de oficios desempeñados por mulleres como as tecedoras na fábrica de Xuvia, as costureiras a domicilio, as mestras ou as panadeiras». E no libriño Os Bolechas visitarán á súa amiga Xuvia, e coñecerán diferentes puntos desta localidade.
Os Bolechas foron creados polo debuxante e guionista Pepe Carreiro.