La Voz de Galicia

Neda xuntará ás súas palilleiras o 8 de marzo

Neda

Palilleiras de Neda en la reunión del año pasado.Palilleiras de Neda en la reunión del año pasado.

Será unha das citas máis madrugadoras deste sector na comarca

24 Jan 2025. Actualizado a las 05:00 h.

A xa tradicional Xuntanza de Palilleiras de Neda chegará á súa edición número dezanove, que se celebra o 8 de marzo no pavillón municipal Ale de Paz.

Será unha das citas do sector máis madrugadoras na comarca, coa organización de Filigrana e o apoio de Concello, Deputación e Artesanía de Galicia.

Alí poderán verse «auténticas obras de arte», como indican desde o Concello. E os interesados e interesadas en participar poden inscribirse ata o 1 de marzo, chamando ao teléfono 637 732 668 ou enviando unha mensaxe de WhatsApp.


Comentar