San Sadurniño recuperará a Feira da Plantación, o 24 de abril
San Sadurniño

Nesta edición cambiará de emprazamento e celebrarase na finca da Cortiña
04 Apr 2022. Actualizado a las 05:00 h.
A Feria da Plantación de San Sadurniño volverá o día 24, logo de dous anos en suspenso polo covid. Será a edición 25 e terá novo emprazamento, a finca da Cortiña, das dez da mañá ás oito da tarde. «En vez dunha carpa grande haberá postos pequenos para cada viveiro», avanza o concelleiro de Desenvolvemento Rural, Manolo Varela. Ofrecerán obradoiros de queixo e tecidos para a rapazada, con quendas, dúas demostracións de arte floral, a actuación do grupo de pandeiretas Pansenfron e sorteos de ramos e centros florais.
Os postos teñen de prazo ata o 19 para presentar a solicitude no rexistro, na sede electrónica ou no correo agustin.perez@sansadurnino.gal.