«Quero pintar a mitra dun peliqueiro»
Fugas
16 Oct 2015. Actualizado a las 05:00 h.
Branda (A Coruña, 1973) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. www.branda.es
-¿É a ilustración unha arte digna de estar nun museo?
-É moito máis que iso.
-Se tiveras que definir o teu traballo cunha palabra, ¿cal sería?
-Caipirinha. Doce, ácido, fresco, hilarante, aditivo...
-¿Que encargo che faría ilusión recibir?
-Pintarlle a mitra a un peliqueiro.
-¿Cal é o teu ilustrador favorito da historia?
-O mexicano José Guadalupe Posada.
-¿Un ilustrador que consideres inxustamente olvidado?
-Edward Lear.
-¿Unha escena dunha película?
-A declaración de guerra contra Sylvania na película dos irmáns Marx Sopa de Ganso.
-¿Tes algunha manía na túa rutina de traballo?
-Varias. Por exemplo, traballar de pé.
-¿Un comentario sobre o teu traballo que che gustase?
-Que fai rir.
-¿Cales son as túas influencias?
-As manifestacións da arte popular en xeral.
-¿Un movemento arístico?
-O dadaísmo.
-¿Un cartel cinematográfico?
-O que fixo Richard Amsel para a película En busca da arca perdida.
-¿Unha portada dun disco?
-Todas as que deseñou o americano Jim Flora para a Columbia Records.
-¿Onde buscas inspiración?
-Na xente