«Teño a mellor profesión do mundo»
Fugas
03 Dec 2015. Actualizado a las 18:45 h.
Kiko da Silva (Vigo, 1979) é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo e recibiu, entre outros premios, o Ourense de Banda Deseñada 1996 e o Castelao de Banda Deseñada 2014. Os seus traballos poden seguirse na súa web ogaraxehermético.com, no blog kikodasilva.blogspot.com e na súa conta de Twitter @dasilvakiko
-¿Quen foi o causante de que sexas ilustrador?
-José Ramón Sánchez, o debuxante da televisión dos anos 80.
-¿Que é o que máis che gusta de ser ilustrador?
-Temos a mellor profesión do mundo. Por eso nos queixamos, para que nos paguen a pesar diso.
-¿E o que menos?
-Ser autónomo en España é unha auténtica tortura.
-¿Quo consello lle darías a un ilustrador que estea empezando?
-Eu lle diría que nesta profesión as matemáticas van ser as súas mellores aliadas, que estude.
-¿Como definirías o que é a ilustración?
-Un idioma universal.
-¿Un ilustrador emerxente ao que seguirlle a pista?
-O francés Cedric Babouche.
-¿Cal é para ti o mellor ilustrador da historia?
-Bill Watterson, o creador de Calvin and Hobbes.
-Se non foses ilustrador, ¿que che gustaría ser?
-A verdade é que sempre quixen ser astronauta.
-¿Que encargo che gustaría recibir?
-A dirección de arte dunha película de Hayao Miyazaki.
-¿Que che gustaría preguntarlle a un ilustrador?
-¿Que marca de cadeira usas? Porque eu, despois de tantos anos, teño as costas esmendrelladas.