La Voz de Galicia

«Inspírame camiñar, a actitude do 'flâneur'»

Fugas

David Pintor

24 Jun 2016. Actualizado a las 05:00 h.

 

Miguel Cuba (Lugo, 1982) recibiu o primeiro premio das Axudas para a creación de banda deseñada da Xunta de Galicia 2010 e no Certame Novos Valores 2009 da Deputación de Pontevedra. Web: www.miguelcuba.es. Blog: henrydrawall.tumblr.com. Twitter: @miguelcuba

-Que che inspira?

-Camiñar. A actitude do flâneur, do paseante urbano, é unha parte importante do meu proceso creativo.

-Un comentario sobre o teu traballo que che gustase?

-Que nel, a través da luz e da cor, se recoñecía perfectamente a miña personalidade.

-Que é para ti unha ilustración?

-Diría que é condensar unha idea ou unha sensación nunha imaxe que se lea dun golpe de vista, aínda que despois se preste a lecturas máis profundas.

-De quen aprendiches máis e que che ensinou?

-Vendo o traballo doutros autores acabas extraendo aqueles aspectos que te parecen máis importantes. Para min son a importancia da composición e o trazo.

-Un ilustrador emerxente ao que seguirlle a pista?

-Jon Juárez (se cadra xa é máis que emerxente). Curiosamente, antes de coñecelo varias persoas dixéronme que lles recordaba á miña obra.

-Un cartel dunha película?

-O de Metrópolis, de Fritz Lang.

-Unha escena dunha película?

-A secuencia inicial de Sed de mal, de Orson Welles.

-Unha portada dun disco?

-Por dicir algunha feita por ilustradores, Brick by brick, de Charles Burns, ou o traballo de Jon Juárez para Ángel Stanich. As portadas clásicas do jazz gústanme case todas.

-Unha canción?

-A letra de Volver tócame, porque retrata un estado de ánimo que sentín en moitas ocasións.


Comentar