Laura Tova: «Todos os días aprendo cousas de min»
Fugas
21 Jul 2017. Actualizado a las 05:05 h.
1. Por que é importante o ensino do debuxo na escola?
Porque é un medio que axuda a expresar emocións e desenvolver a imaxinación.
2. Se tiveses que definir o teu traballo cunha palabra?
Dulcementesalvaxe.
3. Que é o que máis che gusta de ser ilustradora?
Que todos os días aprendo cousas sobre min.
4. Hai algo que non che guste debuxar?
Non. Hai moitas cousas que me retan e poden incomodarme ao principio, pero ao final todo ten a súa graza e acabo disfrutándoo.
5. Cal foi a razón de que te dedicases a ilustrar?
Un obrigado cambio de rumbo na miña vida.
6. Un verso?
Cuida el presente porque en él vivirás el resto de tu vida, do poeta arxentino Facundo Cabral.
7. Unha escena dunha película?
A do baile Le temps de l’amour no filme de Wes Anderson Moonrise Kingdom.
8. Unha canción que che inspire para traballar?
Me & Bobby McGee, da cantante norteamericana Janis Joplin.
9. Un cartel dunha película?
O de Big Fish.
10. Se non foses ilustradora, que che gustaría ser?
Naturalista no século XIX, como Charles Darwin.
11. Como sabes que unha ilustración está rematada?
Se o está, simplemente síntoo.