Municipios afectados amenazan con acciones legales
Galicia
Los concellos rebeldes rechazan que la Xunta les retire ayudas por no pagar las facturas de Sogama
20 Dec 2014. Actualizado a las 05:00 h.
Los concellos rebeldes rechazan que la Xunta les retire ayudas por no pagar las facturas de Sogama y amenazan con acciones legales.
Piñor
Francisco José Fraga Civeira (PSOE). «A Xunta, en lugar de recoñecer a súa mala xestión ambiental e dar marcha atrás nunha decisión que se comproba que foi un erro, o que se decide é tirar para adiante cargando contra os concellos pequenos».
Monforte
Severino Rodríguez (BNG). «Non podemos pagar unhas facturas que non se corresponden co contrato. Sería bo que os alcaldes e deputados do PP digan o seu parecer sobre esta medida».
Becerreá
Manuel Martínez (PSOE). «Al día siguiente de recibir esa notificación lo llevaremos al juzgado».
A fonsagrada
Argelio Fernández (PSOE). «As medidas inxustas acaban no xulgado e a xustiza haberá de dicir quen ten a razón».
Catoira
Alberto García (PSOE). «Son uns desvergonzados: chegaron a falsificar o tema das ganancias de Sogama para aumentar o canon».
Narón
José Manuel Blanco (Terra Galega). «Se nos notifican que nos retirarán os fondos de cooperación local por suposto que tomaremos medidas e recurriremolo».
Mugardos
Xosé Fernández Barcia (BNG). «Nós esperamos que iso non ocurra, a Xunta non pode facer iso. Paréceme que é só un xeito de amedrentar ós Concellos».
Riotorto
Federico Gutiérrez (BNG). «Está claro que isto vai acabar no contencioso. Verémonos nos tribunais».
San Sadurniño
Secundino García (BNG). «Non temos constancia de que nos vaian retirar os fondos porque temos un contencioso-administrativo con Sogama e entendemos que terá que decidilo un xuíz».
Cervantes
Benigno Gómez (PSOE). «Nós non pagamos a factura porque non estábamos de acordo e porque parecíanos un disparate».
Navia de Suarna
José Fernández (PSOE). «Non sei si as quitará ou non, pero dende logo, algo haberá que facer porque se fai o que quere e como quere isto seméllase a unha ditadura.
Castroverde
José María Arias (PSOE). «Nós pagamos a factura, o que non pagamos foi a subida de Sogama. Xa veremos que facemos con iso e xa veremos se a Xunta chega a cumprilo».
Pedrafita
José Luis Raposo (PSOE). «Que o retiren se queren, veremos se é legal e quen ten a razón. Temos que valoralo e decidir que vamos a facer».