La Voz de Galicia

La Voz axúdache coa nova forma de aprender

Galicia

Sara Carreira Sara Carreira Redacción / La Voz
Durante el curso se tratan todo tipo de temas de actualidad y se proponen actividades para desarrollar en el aulaDurante el curso se tratan todo tipo de temas de actualidad y se proponen actividades para desarrollar en el aula

La Voz de la Escuela leva á túa aula cada mércores a actualidade adaptada aos rapaces, con actividades para a clase, divulgación en ciencia e humanidades e apoio emocional

28 Sep 2022. Actualizado a las 17:09 h.

La Voz de Galicia leva a actualidade ás aulas galegas para axudar os profesores a explicar a realidade aos seus alumnos. Faino de xeitos moi variados: todos os días, na súa páxina web (prensaescuela.es) aparece unha palabra e unha foto vinculadas a sendas noticias; e cada mércores, os profesores que se apunten ao programa Prensa-Escuela terán xornais na súa aula, co suplemento de La Voz de la Escuela.

Este suplemento, que se publica os propios mércores, destaca na súa portada un asunto de alcance, algo do que se estea a falar na rúa ou que os rapaces poidan escoitar na casa, e lévao á aula en tres niveis: un básico sobre a noticia, outro que a pon en contexto e finaliza cun afondamento para quen queira ir un paso máis aló. Cada nivel ten as súas propias actividades para desenvolver na clase e fixar os coñecementos e competencias.

Loading video

Non só iso. Hai moito máis:

Este ano, ademais, haberá algunhas novidades:

Como fai dende hai 40 anos, La Voz de Galicia quere axudar os mestres a preparar aos seus alumnos para vivir nunha sociedade complexa, cambiante e apaixonante, para que sexan cidadáns activos, comprometidos e informados.

Se es profesor de 5.º de primaria en adiante chama ao 902 103 156 e apúntate gratis

O programa inclúe como agasallo o xornal entre semana á casa do profesor

 


Comentar