Beltrán, Lobotka e Mazan festexan con Sergio o sétimo aniversario da súa peña
Grada de Río
A celebración tivo lugar onte en Catoira, localidade natal do gardameta céltico
11 Dec 2018. Actualizado a las 11:07 h.
A Peña Celtista Segio Álvarez O Gato celebrou onte o seu sétimo aniversario nun acto multitudinario celebrado na súa sede, o bar Conde, na localidade natal do porteiro céltico, Catoira. Houbo, un ano máis convidados especiais co homenaxeado á cabeza, porque xa é costume que acuda xunto a outros compañeiros de equipo que nesta ocasión foron Fran Beltrán, Robert Mazan e Stanislav Lobotka. Este último repetía con respecto ao ano pasado.
Desde a peña quixeron amosar o seu agradecemento a todos os que acudiron e tamén a gran resposta á súa campaña de aboados, xa que aproveitaban a ocasión para xestionar renovacións e altas de peñistas. «Moitísimas gracias a todas e todos que asistiron hoxe ao evento. Estamos moi agradecidos pola gran cantidade de socias e socios novos, e como non, aos que ano tras ano seguen apoiando a Sergio pase o que pase», se podía leer en sus redes sociales.