Beltrán volve facer as delicias do celtismo no Día das Letras
Grada de Río

O xogador nao en Seseña esperta o aplauso da afección do Celta coa sua felicitación do 17 de maio
17 May 2019. Actualizado a las 11:05 h.
Fran Beltrán volveu facer as delicias do celtismo está mañá coa felicitación con motivo do Día das Letras Galegas que dirixiu á afección a través da súa conta de Instagram. O xogador nado en Seseña adiantouse mesmo á conta oficial do clube á hora de conmemorar esta data. Fíxoo cunha cita de Celso Emilio Ferreiro e engadindo:»Feliz día das letras galegas, tedes que estar moi orgullosos do voso».
O clube, pola súa banda, desexaba tamén un feliz Día das Letras anunciando un vídeo que compartirá nas próximas horas. «Feliz día, galegos e galegas! Hoxe é 17 de maio, #DiaDasLetrasGalegas, dedicado este ano a Antonio Fraguas. E esta tarde celebrarémolo cun vídeo... moi top. Estade atentos!», avanzaban. Pola tarde descubriase o segredo: era un examen de galego de Sergio -que tamén felicitou esta data como nel é habitual- a Beltrán:
Tamén se sucederían felicitacións de diferentes peñas celtistas mostrando o seu orgullo pola lingua galega. Algunhas tiraban de humor, como Fútbol de Salón, que escribía: «A lingua é nosa e non do Zaragosa».