La Voz de Galicia

O CD Viana, máis celeste ca nunca

Grada de Río

La Voz Vigo

A Peña Merlegos tivo un papel de intermediación clave para que o Celta cedese butacas ao clube ourensán para o seu campo

06 Sep 2019. Actualizado a las 10:41 h.

O CD Viana, da localidade de Viana do Bolo, era un dos clubes que figuraban na relación de entidades destinatarias de asentos doados polo Celta que os vigueses fixeron público en xuño. Pero non foi ata esta semana cando o clube ourensán rematou de colocar os seus.

Para que parte das butacas de Río tivesen ese destino foi clave a intermediación do presidente da peña compostelá Merlegos Celestes, Miguel Barja, que é natural de Viana. «Como presidente de Merlegos e vianés que son, queríalle dar as grazas ao clube e en especial a Xohan Adell -do Celta- pola súa grandísima axuda», subliña.

Merlegos conta con varios directivos do Viana entre os seus peñistas e pertence á que Barja denomina «sección Merlegos de Viana». «Ademais o clube viste coma o Celta y no seu escudo tamén leva unha cruz de Santiago. Agora o CD Viana é aínda máis celeste e celtista», finaliza orgulloso.

A través das redes sociais, o club receptor tamén daba as grazas onte ao Celta, a Merlegose e a Miguel pola súa colaboración para que fose posible:

CEDIDA

Comentar