Sensacións e resultados
Grada de Río
![](https://cflvdg.avoz.es/sc/Ue4j82HEy7LH8XPcuf-HF7s0l6E=/768x/2024/11/12/00121731438062326449478/Foto/V_20240928_132241000.jpg)
«Teño a impresión de que o Celta está para máis, pero a miña dúbida é se a nivel resultados será capaz de conseguir Europa»
13 Nov 2024. Actualizado a las 05:00 h.
Por sensacións en moitas fases dos partidos, teño a impresión de que o Celta está para máis, pero a miña dúbida é se a nivel resultados será capaz de conseguir Europa, que entendo que é do que fala Borja Iglesias. Para conseguilo, primeiro hai que ter sorte, e logo, ser moi efectivo nas dúas áreas, e ao equipo estánselle indo partidos por non aproveitar as ocasións en área contraria e por erros defensivos na propia. Tamén necesitas enlazar dúas ou tres vitorias, e o equipo está sendo un tanto irregular nese aspecto.
Non lle daría importancia a que ata agora non lle gañase a ningún rival dos que ten por arriba, porque dos partidos que perdeu creo que os mellores foron cos equipos Champions, o Celta compite moi ben. A dúbida que teño é que un equipo tan de autor como o de Claudio é facilmente detectable e na segunda volta igual o coñecen un pouco máis, pero tamén sei que Giráldez é un estudoso de virtudes e defectos do seu propio equipo e creo que lle vai sacar máis rendemento individual a cada xogador e vai facer medrar ao colectivo.