Exposición no museo e exhibición na rúa
Lemos
31 Jul 2012. Actualizado a las 07:00 h.
Para divulgar esta experiencia pioneira na zona sur, o museo etnográfico de Quiroga reunirá nunha exposición os traballos realizados polas alumnas e profesoras do curso de tecido. Por outro lado, coincidindo coa Mostra do Mel, ofrecerase nas rúas da vila unha exhibición destas técnicas. Nestra mostra non se usará o tear grande do museo -usado nas clases- senón un tear de fleques bastante máis pequeno e manexable.