La Voz de Galicia

O historiador Claudio Otero presenta en Chantada un libro sobre a industria galega dos curtumes

Chantada

Claudio Otero diante da antiga fábrica de curtumes de Chantada, nunha imaxe de arquivo

O acto celebrararse ás 20.30 horas do sábado no Círculo Recreativo Cultural

17 Sep 2021. Actualizado a las 11:04 h.

O historiador Claudio Otero Eiriz presentará este sábado o seu libro A industria galega dos curtumes nun acto organizado pola Irmandade Cultural País do Faro que se celebrará ás 20.30 horas no Círculo Recreativo Cultural chantadino. A obra, que foi galardoada co premio de investigación Condado de Pallares, xurdiu da ampliación dun estudo sobre as fábricas de curtumes que existiron en Chantada. No acto participará a historiadora Begoña González Aguiar, que tamén recibiu este premio por un estudo histórico sobre o Mestre Mateo. Tanto Claudio Eiriz como Begoña González son membros do consello de redacción da revista Alicerces, editada pola Irmandade Cultural País do Faro.


Comentar