La Voz de Galicia

Terminou a rodaxe de escenas de «A esmorga» no pazo de Tor

O Saviñao

monforte /  la voz

20 Mar 2014. Actualizado a las 07:00 h.

A produtora Vía Láctea deu onte por terminado o proceso de rodaxe de varias escenas do filme A esmorga no pazo monfortino de Tor, donde se estiveron desenvolvendo labores de filmación durante os últimos días. Para a semana próxima están previsto filmar outras escenas no municipio do Saviñao. Unha parte do traballo tivo tamén por escenario o pazo de Ferreiróa, no municipio de Pantón.

Os responsables do filme, dirixido por Ignacio Villar e baseado nunha novela de Eduardo Blanco Amor, esperan concluír o proceso de rodaxe a finais do presente mes. A estrea de A esmorga está prevista para o último trimestre do ano.


Comentar