A Feira da Rosca de Sober congregará a dezasete artesáns
Sober
07 Aug 2014. Actualizado a las 07:00 h.
Seis rosqueiros e once produtores de mel, pan, queixo, castañas e artigos artesanais tomarán parte na edición número dezanove da Feira da Rosca de Sober, que se celebrará entre os días 11 e 12. Os postos abrirán ás 21 horas do luns. Seguidamente haberá un espectáculo de animación co grupo Ni Fu ni Fa e unha degustación de rosca con licor café. O martes, ás 13 horas, repartiranse mil racións gratuítas de rosca.