La Voz de Galicia

O viño de Amandi e a faba de Lourenzá celebrarán un encontro en Rosende

Sober

Francisco Albo
Un aspecto da Festa da Faba de Lourenzá na edición do 2017

A escola de hostelería de Sober acollerá mañá unha xornada de maridaxe gastronómica

27 Mar 2019. Actualizado a las 12:50 h.

A escola de hostalería de Rosende acollerá mañá unha xornada de maridaxe gastronómica entre o viño de Amandi e as fabas producidas ao amparo da indicación xeográfica protexida Fabá de Lourenzá. A actividade forma parte do programa do chamado Mes do Amandi -que precede á feira do viño- e desenvolverase entre as 12.30 e as 14.30 horas. A xornada está organizada polo Concello de Sober en colaboración coa escola de hostalería e o consello regulador da mencionada indicación xeográfica.

Por outro lado, ás doce do mediodía de mañán presentarase na praza do Concello de Sober a denominada Caravana do Amandi, que terá como finalidade promocionar a feira vinícola.


Comentar