La Voz de Galicia

As mulleres de Taboada, protagonistas este ano da Festa do Caldo de Ósos

Taboada

CArlos Cortés CArlos Cortés Monforte / La Voz
A presentación da 33 Festa do Caldo de Ósos de Taboada rematou cun brinde con viño localA presentación da 33 Festa do Caldo de Ósos de Taboada rematou cun brinde con viño local

Será o 1 e 2 de marzo e o caldo único desta localidade poderase comer en nove establecimentos

25 Feb 2025. Actualizado a las 18:06 h.

Taboada celebrará a primeira fin de semana de marzo a edición número 33 da Feira do Caldo de Ósos. Oito establecemcentos de hostelería do municipio ofrecerán o día 2, o Domingo de Entroido, o menú da feira a un prezo único de 25 euros. O Concello de Taboada presentou este mércores os pormenores dunha edición na que as protagonistas serán as mulleres. «Elas son as que mantiveron a elaboración dun prato que é único de Taboada», explicou na presentación Manuel Diéguez, delegado municipal de Cultura do Concello de Taboada, a entidade que organiza a feira. [Lista de restaurantes e programa completo, ao final desta información]

E para que o obxectivo estea claro desde o principio, o cartel anunciador deste 2025 representa a dúas mulleres que levan olas de caldo sobre as súas cabezas, nun deseño que é obra da ilustradora Rosa de Cabanas, da Estrada.

«Son mulleres que sosteñen o mundo imaxinario do caldo de ósos coas súas cabezas», explicou o concelleiro de cultura, nun acto no que participaron tamén o alcalde de Taboada, Roi Rigueira, a directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo, Carmen José López, e a responsable da área de Cultura da Deputación, Iria Castro. como representantes estas últimas das institucións que colaboran economicamente co Concello na organización da Festa do Caldo de Ósos.

No acto de presentación o concelleiro de Cultura de Taboada suliñou que esta festa non é unicamente unha celebración gastronómica, senón tamén «un símbolo territorial e identitario» de Taboada. Manuel Diéguez destacou a súa importancia na preservación das tradicións locais e do patrimonio inmaterial vencellado á receita e ao ritual do caldo.

A produtora da feira, Noa López, incidiu en que o obxectivo de dedicarlle ás mulleres como conservadoras e transmisoras do legado gatronómico e cultural do caldo de ósos ten reflexo na programación.Entre as actividades deste ano destaca a exposición «As donas do Caldo de Ósos», formada por catro fotografas que retratan a doce mulleres de Taboada nas súa cociñas.

A Feira do Caldo de Ósos 2025 comezará o sábado 1 de marzo ás seis e media da tarde cun concerto do grupo vocal Cantar Delas. Esa mesma tarde, pero ás oito, terá lugar a Ruta Osovinícola polos bares da localidade. Pero o día grande será o domingo, coa apertura do recinto da feira ás once da mañá e a degustación gratuita de racións de caldo ás dúas.

A pregoeira deste ano é a escritora Olga Novo, premio nacional de poesía do 2020.

Estes son os restaurantes onde se poderá comer o caldo o Domingo de Entroido en Taboada

O menú que servirán todos está composto de caldo de ósos, costela asada, filloas con mel, queixo con marmelo, viño, auga, refrescos café e licores. Prezo único: 25 euros

É preciso chamar previamente para reservar mesa.

Programa completo da 33 Festa do Caldo de Ósos

Sábado, 1 de marzo

Domingo, 2 de marzo

 


Comentar