Luz Darriba gaña o certame Ánxel Fole
Lugo
O xurado valorou a calidade dos traballos presentados
15 Feb 2012. Actualizado a las 22:27 h.
O xurado do 14 certame de Narración Curta Ánxel Fole que organiza a Concellería de Cultura de Lugo reuniuse esta tarde e outorgou tres primeiros premios: Luz Darriba (residente en Bruxelas), polo relato Monstros; Mercedes Leobalde (de Carral), pola obra Fáltasme; e Ana María Galego (de Ferrol), por Neiges d?antan.
O tenente-alcalde, o nacionalista Antón Bao, anunciou que os relatos gañadores serán publicados, ou ben nunha edición con relatos doutros certamen ou só os deste ano. Todo, dixo, dependerá dos orzamentos. O xurado estivo integrado polos escritores lucenses Marica Campo, Antonio Reigosa e Xoán R. Cuba.
Os membros do xurado destacaron a calidade dos relatos e o notable éxito de participación, pois concurriron un total de 59 traballos. Os premios outorgados son de 1.500, 1.000 e 500 euros, respectivamente a cada autor.