La Voz de Galicia

Emprendedores e inconformistas

Lugo

18 May 2013. Actualizado a las 07:00 h.

on é fácil falar do meu pobo e dos meus veciños. Sendo un pouco vanidoso podería dicir que de nós din: que somos de unidos, e será que o somos; que somos traballadores, será que o somos; que temos iniciativa, será que a temos; pero somos tantas cousas que unhas serán verdade e outras, ao mellor non tanto.

A Moexmu, o Xotramu, a S.D. Muimenta -que este ano ascendeu de categoría-, a Festa da Filloa -Festa de Interese Turístico de Galicia-ou concurso de tapas son só un exemplo das moitas iniciativas que seguen vivas, e outras que se foron perdendo polo camiño saíron precisamente da unión d@s veciñ@s, unha gran maioría canalizadas, nos seus comenzos, pola Asociación Cultural e Veciñal Aquilino Iglesia Alvariño (anque hoxe as organicen outros colectivos) e outras pola Asociación de Empresarios.

Son todas un reflexo desa unión, dese espíritu emprendedor e non conformista das xentes de Muimenta, pero tamén das xentes dos seus arredores.

E con ese espíritu seguimos. Fai uns meses, a Asociación Veciñal Xotramu puxo en marcha o Museo Pedagóxico de Muimenta, e segue adiante para convertir a vella igrexa do pobo nun museo; outro exemplo poden ser as mobilizacións que se levaron a cabo para que se enviara un médico sustituto para cubrir unha baixa.

Por outra banda, a Asociación de Empresarios está a tramitar o expediente para lograr que a Festa da Filloa teña un recoñecemento a nivel nacional.

Son, en definitiva, iniciativas, traballo, gañas de que Muimenta sexa coñecida, de que teña servizos, de que o mundo rural se dignifique e se valore.


Comentar