La Voz de Galicia

Guitiriz lembrará a Díaz Castro aos 24 anos da súa morte

Lugo

Xosé María Palacios Vilalba

Xermolos organiza paraa o xoves un acto no cemiterio

30 Sep 2014. Actualizado a las 20:58 h.

Guitiriz terá en outubro un acto de homenaxe a Xosé María Díaz Castro, morto hai 24 anos. A Asociación Cultural Xermolos organiza un recital de versos e unha ofrenda floral no cemiterio da vila o xoves, día no que se cumpren eses 24 anos do pasamento do poeta. Con ese acto darase continuidade a unha programación que xa comezou en febreiro, mes no que se cumpriron cen anos do seu nacemento, e que chegou a un dos puntos máis altos en maio, xa que o autor de Nimbos protagonizou neste 2014 o Día das Letras Galegas.

De todos os xeitos, a intención de Xermolos, asociación que garda un amplo fondo documental do poeta e que xogou un papel importante para conseguir que Díaz Castro fose elixido para o Día das Letras Galegas, apunta a levar a figura e o significado de Díaz Castro máis alá deste 2014. Como explicou hoxe o coordenador,Alfonso Blanco, un dos obxectivos nos que está a traballar é a campaña «Letras Sempre, de Manuel María a Díaz Castro», coa que persegue que iniciativas como a deste ano teñan continuidade noutras comarcas de Galicia para espallar a memoria dos seus escritores.


Comentar