La Voz de Galicia

Castelos BIC dos que só quedan ruínas

Lugo

suso varela lugo / la voz o patrimonio medieval da provincia
Torre de Arcos, chea de vexetación; en ruinas o castelo de Caldaloba; e resto da Frouxeira, en Foz

A Xunta cataloga 34 fortalezas que ou xa non existen ou están en completo abandono

10 Mar 2015. Actualizado a las 15:47 h.

A reforma de Pambre, que na primeira fase custa case dous millóns de euros, trae á luz a situación na que se atopan outros monumentos da provincia que están catalogados pola Xunta como Ben de Interese Cultural (BIC). Dos 166 bens baixo protección, o historiador Xabier Moure atopou ata 34 castelos e torres que non corren a boa sorte de Pambre, xa que ou xa están desaparecidos ou en ruína total. 

  «Chocoume ver relacionados monumentos e sitios arqueolóxicos dos que só quedan ruínas, mesmo inexistentes na actualidade, feito, coido, que se debera de corrixir», sinala Moure, aínda que puntualiza: «Non quero dicir con isto que moitos dos lugares onde se atopaban teñan que quedar fóra do catálogo xa que no futuro poden levarse a cabo actuacións que desvelen información que hoxe en día descoñecemos, sen minusvalorar a paraxe onde estaban encravados». Moure, no seu blog http://onosopatrimonio.blogspot.com.es, relata o estado no que se atopan os 34 castelos.


Comentar