Premio á Facultade de Veterinaria polo seu «bo facer»
Lugo
O Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo faille entrega da segunda edición do Premio Benestar Animal
05 Oct 2017. Actualizado a las 12:22 h.
O Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo distingue o «bo facer» da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC co Premio de Benestar Animal, un galardón instaurado polo órgano colexiado en 2016 e a través do que pretende recoñecer o traballo e as contribucións a prol da mellora do benestar animal promovidas ou impulsadas desde as institucións. A presidenta do Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo, Ana María López Pombo, presidiu este mércores o acto de entrega da segunda edición do Premio de Benestar Animal, no marco dunha sesión celebrada na sede colexial e á que asistiron, entre outros, o decano da Facultade de Veterinaria de Lugo, o profesor Germán Santamarina, a vice decana do centro, Patricia Fernández de Trocóniz, e o vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, o tamén veterinario Andrés Barreiro Lois.
Santamarina manifestou na súa intervención o sentimento de gratitude da Facultade de Veterinaria da USC polo recoñecemento feito polo Colexio Oficial de Veterinarios de Lugo coa concesión dun galardón que na súa primeira edición recaeu no Servizo de Protección da Natureza (Seprona).
O decano da Facultade de Veterinaria salientou, non obstante, que o benestar animal constitúe, alén dunha obrigatoriedade normativa, unha premisa transversal que se percibe en todas en cada unha das actividades docentes, clínicas e mesmo de I+D+i que se desenvolven no centro universitario lugués.
Por outra parte, o Colexio de Veterinarios tamén entregou a Juan Pérez Martínez o diploma de colexiado honorífico