La Voz de Galicia

Feira medieval para rematala festa

Lugo

Suso Varela

O día 12 celébrase a décimo oitava edición dentro dos actos de San Froilán

11 Oct 2017. Actualizado a las 20:36 h.

A Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Artes Aplicadas promove a décimo oitava edición do mercado medieval, que como ven sendo habitual se celebra o día 12.

 11.00 H. Inauguración.

En Pío XII. Unha aguia de Harris voará sobre o mercado medieval traendo nas súas garras o pergamiño co pregón da apertura do mercado. Haberá obradoiros, traballando a reo toda a xornada no adro da catedral. Vita Brevis poñerá a animación musical durante o día no Mercado.

 

 

11.30 H. MISA EN LATÍN.

Con ornamentación de época, cantada polo Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera no altar do Bo Xesús da catedral.

 

12.00 H. Desfile.

Percorrido histórico polo centro da cidade. Desfile do cortexo con vestimenta Medieval precedido por cabaleirostemplarios, cetreiros, os músicos do grupo VitaBrevis e os espectaculares exerciciosmalabares de Ali Kaskabel.

Mini e Mero farán cantares de Cego na praza de Pio XII.

O Afiador Rodesindo da Barrosa, de Volta e Dálle Teatro, sacará fío a coitelos e navallas e arrincará dentes e moas.

 

13.00 H. Cetrería.

«Aguilas de Valporquero» voarán mañá e tarde sobre do Mercado.

 

Crispín d’Olot. Gran mestre de trobadores, recreará, en clave de xograr, pasaxes e vivencias do medievo.

18.00 H. Concerto.

Música antiga (séculos XV, XVI, XVII), polo trío Ars Antiqua: Diego Fernández Vilela (frauta traveseira), María Neira Neira (frauta traveseira) e Xosé Fernández Arias (fagot), na catedral, capela de San Froilán. Ali Kaskabel ofrecerá unha espectacular animación de malabares no Mercado.

 19.00 H. Cetrería.

Exhibición en voo libre de voitres, aguias e falcóns. Na Praza de Pío XII e rampla da Muralla.

 

20.00 H. Crispín d’olot.

Dará vida a obra do inmortal Don Francisco de Quevedo: As grazas e desgrazas do ollo do cu.

 

20.30 H. festa final.

E chegado o momento da despedida, e será facendo que as vosas mercés de solaz gocen sen que cosa algunha lles faltar: divertimento ao agarimo do embruxo dunha queimada popular co grupo Vita Brevis, xogos de lume de Ali Kaskabel, a danza dos xuglares, o trobador Crispín d’Olot e o bo facer de Pepe Penabade de Volta e Dálle Teatro. O mercado pechará ás dez da noite.

 

As exhibicións de cetrería volverán ao adrio da catedral. FOTO

 

Mini e Mero volverán a interpretar cantares de cegos FOTO

 


Comentar