La Voz de Galicia

Concertos, artesanía e animación infantil con voz de muller

Lugo

Laura López

A asociación de empresarias lucenses homenaxea cunha festa ás emprendedoras

26 Sep 2018. Actualizado a las 21:37 h.

Mañá • Todo o día • Praza CEI Nodus-Parque de Bombeiros • Lugo • De balde • Concertos, artesanía e animación infantil soarán en feminino no Festival Voces de Muller, que se celebra mañá en Lugo, organizado pola Asociación de Empresarias da Provincia de Lugo (AELU), coincidindo co 30 aniversario do colectivo. Trátase dunha cita lúdica e reivindicativa, que pretende servir de homenaxe á muller emprendedora e empresaria e impulsar o sector na provincia.

 

O festival foi presentado onte pola concelleira de Economía e Emprego de Lugo, Ana Prieto; o presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas; e a presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Beatriz Varela.

A festa terá lugar ao longo de todo o día, segundo a seguinte programación:

 

Pola mañá:

· Xornada de portas abertas no CEI Nodus, organizada pola Área de Desenvolvemento Local do Concello de Lugo

 

Pola tarde:

- 17.00-19.00 horas:

· Taller Global Muiñeira e Bebé Gadis

· Animación infantil e karaoke infantil (con premios para os participantes)

· Venda de produtos artesáns feitos por mulleres

· Chocolatada gratuíta

- 19.00-21.00 horas:

· Concerto Voces de Muller: Sara Fernández Arias (alumna Fábrica de Sons), Alexandra Pérez (rap), Verónica Cambón (disco pop 80’s), Raiceira (folk), Rut León e David Taboada (pop), Chigliak (soul e blues), West Side Bones (country folk) e Barbarian Prophecies (heavy metal).


Comentar