Nove cursos de iniciación á artesanía dende abril
Lugo
Coiro, xoeira, vimbio, fotografía artesanal, tapizaría, bordados de traxes tradicionais, son algúns dos cursos que se impartirán no CENTRAD e na aula do Centro de Cestería do Río Rato e contan cun total de 72 prazas
20 Mar 2019. Actualizado a las 20:19 h.
A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou esta mañá no CENTRAD os 9 cursos de iniciación de artesanía, que comezan dende abril ata novembro, e que ofrece o Goberno da Deputación con 72 prazas dispoñibles. Coiro, xoeira, vimbio, fotografía artesanal, tapizaría, bordados de traxes tradicionais, son algúns dos cursos que se impartirán no CENTRAD e na aula do Centro de Cestería do Río Rato, cun total de 488 horas.
Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, é convertese nunha oportunidade única para achegarse e coñecer oficios tradicionais como cestería, coiro e tapizaría, ou descubrir outros máis innovadores como xoeira ou fotografía. Ademais esta programación converterse nunha boa iniciativa para poñer en valor todo o sector artesanal da provincia.
No mes de abril comezan os cursos de cestería tradicional galega, complementos en coiro para preparar pezas para o Arde Lucus e tamén un Obradoiro de reprodución de refaixos bordados que imparte TRAXANDAINA. No mes de maio tamén haberá tres cursos de xoiería técnicas básicas, elaboración de pezas en fibra de roten e un curso de iniciación á tapizaría. No mes de xuño a programación inclúe dous cursos, un de elaboración de figuras con vimbio e un curso de fotografía artesanal. E por último no mes de outubro un curso de xoeira creativa.
Inscrición
Esta convocatoria está aberta ao público en xeral, e os interesados deben inscribirse a partir do luns, a través da web da Deputación, onde haberá un banner habilitado, e onde se indica a matrícula a pagar en cada curso. Para consultar ou recibir información sobre esta programación esta dispoñible o teléfono 982 21 00 66. Os participantes nestes obradoiros deberán indicar os seguintes datos; nome e apelidos, teléfono de contacto e indicar en cal das programacións quere participar.
Abril
- Curso de cestería tradicional galega (40 horas). Dende o 22 de abril ao 6 de maio (luns a venres de 9.30 a 13.30 horas). Na casa de cestería no Paseo do Rato, 10 prazas. Matrícula: 20 euros.
- Complementos en coiro, preparación de pezas para o Arde Lucus (60 horas). 22 de abril ao 13 de maio (luns a venres de 16.30 a 20.30 horas). Aula grande do pavillón 5 (CENTRAD), 10 prazas. Matrícula: 30 euros.
- Obradoiro de reprodución de refaixos bordados, impartido por TRAXANDAINA (56 horas). Fins de semana do 27 de abril ao 28 Maio: 4-5; 11-12; 18-19; 25-26 Xuño: sábado 1-2; 8-9 (sábados, 10.00-13.00 e 16.00-19.00h; domingos, 10.00-12.00). Aula grande do pavillón 5 (CENTRAD), 6 prazas. Matrícula: 28 euros.
Maio
- Xoiería técnicas básicas (80 horas). 2 ao 30 de maio. Horario: 16-20 horas (luns a venres). Aula de xoiería pavillón 5 (CENTRAD). 6 prazas. Matrícula: 40 euros.
- Elaboración de pezas en fibra de roten (40 horas). 20 ao 31 de maio. Horario: 9.30 ás 13.30 (luns a venres). Na casa de cestería no Paseo do Rato, 10 prazas. Matrícula: 20 euros.
- Iniciación á tapizaría (52 horas). 20 de maio ao 5 de xuño. Horario: 16.00 ás 20.00 horas (luns a venres). Aula grande do pavillón 5 (CENTRAD), 6 prazas. Matrícula: 26 euros.
Xuño
- Elaboración de figuras con vimbio (40 horas). 3 ao 14 de xuño. Horario: 9.30 ás 13.30 horas (luns a venres). Na casa de cestería no Paseo do Rato, 8 prazas. Matrícula: 20 euros.
- Curso de Fotografía artesanal (70 horas). 17 ao 28 de xuño. Horario: 9.30 ás 13:30 horas (luns a venres). Na casa de cestería no Paseo do Rato, 10 prazas. Matrícula: 30 euros.
Outubro
- Xoiería creativa (50 horas). (fins de semana) Outubro 19-20; 26-27. Novembro: 9-10; 16-17; 23-24. Horario: sábado de 10.00 a 13.00-16.00 a 19.00 horas. Domingo de 10.00 a 14.00 horas. Aula de xoiería pavillón 5 (CENTRAD). 6 prazas. Matrícula: 25 euros.