Monterroso contará cun centro público para o teletraballo e conciliación laboral
Lugo
Ubicarase na segunda planta do espazo cultural Lorenzo Varela
17 Feb 2021. Actualizado a las 16:31 h.
O equipo de goberno de Monterroso está a traballar na creación dun espazo de teletraballo, formación e conciliación, cun innovador centro basado nun «telecottage» de orixe escandinavo, que será un referente a nivel nacional.
Búscase que os usuarios poden traballar e formarse podendo ao mesmo tempo conciliar a súa vida laboral e persoal no caso de ter menores, maiores ou persoas con diversidade funcional ao seu cargo, xa que no centro donde se ubicará conta con actividades como a Escola de Música e Escolas Deportivas, a ocioteca, as Aulas da Terceira Idade e o Taller prelaboral COGAMI (Taller da Ulloa).
Tamén os usuarios en momentos de descanso do traballo e formación poderán utilizar o ximnasio, a biblioteca, participar en actividades para adultos ou desfrutar da zona de descanso ou da zona de workcafé.
Esta innovadora idea estará ubicada no segundo andar do actual Espazo Cultural Lorenzo Varela.
Dende o Concello e aproveitando unha instalación da que xa dispoñe (Aula CeMit), reubicaraa e creará un novo centro de formación adaptadoo a tódalas necesidades das empresas da comarca, así como diseñará programas de formación e formación para o emprendemento. Asemesmo posibilitarase o traballo ou teletraballo creando unha serie de servizos anexos como cabinas de teletraballo, unha zona dotada con conexións a internet na que de xeito puntual os usuarios podan conectarse cos seus propios equipos, unha sala de reunións, unha sala de conferencias e unha zona de workcafé na que os usuarios poderán compartir experiencias e relacionarse.
Dende o equipo de Goberno mostran o seu compromiso para que os monterrosinos e na comarca da Ulloa se poda emprender, teletraballar ou formarse.