La Voz de Galicia

Elena Candia: «A miña decisión máis difícil foi ir nas listas das eleccións autonómicas»

Lugo

miguel cabana lugo / la voz Única candidata á reelección para presidir o PP provincial
Elena Candia, na Praza Maior de Mondoñedo, xunto á estatua de Cunqueiro.

A presidenta provincial do partido preséntase de novo para dirixir a formación os próximos cinco anos. É a única candidata a ese congreso que se celebrará o día 19

04 Sep 2021. Actualizado a las 20:39 h.

A deputada autonómica Elena Candia, (Mondoñedo, 1978) preséntase como candidata para dirixir de novo o Partido Popular na provincia, por segunda vez. Foi a única que se presentou para este posto de elección interna do partido, na que votarán os compromisarios o próximo día 19. Este congreso será o número 18 do partido na provincia e vai ser para ela unha marcha triunfal por non haber finalmente outras candidaturas. A última vez, hai cinco anos, hai que lembrar que se presentaba por primeira vez e lle gañou o posto a Raquel Arias.

-¿Qué pasou con esa candidatura fallida do deputado Xosé Manuel Balseiro para a dirección provincial do partido? ¿Realmente díxolle que ía presentar lista se non ía de número dous?

-Somos un partido moi grande e con xente moi válida. É moi lícito que os afiliados poidan plantexar alternativas, aínda que tampouco oculto que neste momento preséntome mais preparada: con mais coñecemento do partido e da provincia despois de moitas horas de entrega; pero se houbese unha alternativa solvente eu non me houbese presentado. Neste momento a nosa responsabilidade e seguir medrando na unión e non someter o partido a ningún estrés interno.

-Haberá sorpresas na xunta directiva ou os primeiros postos seguirán en mans dos históricos do partido?

-Busco que sexa un reflexo da realidade do partido, xente con experiencia e xente nova. Mulleres e homes comprometidas con este proxecto. Que teñan ganas e dedicación. Queda pouco tempo e necesitamos xente que poda adicar moito. E sobre todo busco reforzar realmente o traballo en equipo.

-¿Qué balance fai dos últimos años á fronte do partido na provincia?

-Sempre que se fai un balance inténtase ver o positivo pero tamén analizar os erros, que os houbo. Tantos procesos electorais condicionaron demasiado a actividade de partido, e a súa propia organización e a pandemia limitou moito a forma de traballar que nos gusta e tamén nos identifica: a proximidade e accesibilidade. Aínda así, fago un balance moderadamente positivo. Un partido mobilizado é mais grande.

- ¿Cal foi a decisión más difícil que tivo que tomar durante estes últimos años?

-Sempre é difícil facer cambios ou comunicar a un compañeiro que se considera axeitado que non siga. Ao final, o día a día traballando converte aos compañeiros en amigos. Pero se queremos conseguir os obxectivo temos que implicar aos mellores e mais preparados e comprometidos para elo. Pero, sen dúbida, a decisión máis difícil foi incorporarme á lista das eleccións autonómicas polas renuncias que conlevou.

- Marcou vostede dúas expectativas moi altas: recuperar la alcaldía de Lugo e a Deputación. Sabe que isto é moi difícil. ¿Qué fará se non o consigue?

-A xente trasládanos o esgotamento dun proxecto socialista que non entende a política como un instrumento para mellorar a calidade de vida da xente. O malestar en Lugo cidade é grande porque ven unha cidade peor que cando o socialismo/nacionalismo entrou. Desde as cousas máis básicas: falla de limpeza, incomodidade no tráfico.... proxectos incumpridos: praia fluvial (agora que acabou o verán por exemplo) e que a mala xestión lle esta a saír cara aos propios lucenses que ven como os seus impostos se destinan a pagar indemnizacións ou a propia demolición do edificio identitario do socialismo lucense: o garañón.... Por todo elo creo que o que temos que facer e explicarlle á xente o noso modelo de cidade e de provincia. En que podemos facer máis e mellor para convencer. O mesmo diría da deputación. Non temos presidente da deputación: temos un alcalde en Monforte que vén a deputación a asinar e vivir do traballo feito na etapa anterior, absolutamente personalista, que non da ningunha marxe a ningún deputado e que ven a asinar uns días a semana e sacarse unhas cantas fotos. Aquí teremos que explicar o noso modelo de provincia do PP.

-A alcaldía de Lugo converteuse na pedra no zapato do PP de Lugo. O Partido Popular gana nas autonómicas e nacionais, pero nas locais, non. ¿Ten o partido un perfil equivocado de candidato para Lugo e por iso vai de derrota en derrota a pesar de ser un electorado maioritariamente de dereitas? Pode anunciar por qué perfil se apostará para as próximas?

-Lugo tivo o mellor resultado nas eleccións municipais se se compara co resto de cidades galegas. Non podo deixar de por en valor ese dato. Creo que temos que traballar en positivo e reforzar naquelo que debemos mellorar.

-Vostede non acaba de despegarse da alcaldía de Mondoñedo e sigue exercendo de alcaldesa en paralelo ou de segunda alcaldesa mentres exerce de deputada autonómica. ¿Tira tanto a alcaldía que incluso pensa en volver algún día?

-Penso en cumprir os compromisos e en axudarlle ao actual alcalde, que ademais e bo amigo. e a todos os compañeiros concelleiros que tanto me levan axudado. É o que penso agora.

- Ve algunha posibilidade de que o PP recupere a Deputación gañando o deputado de A Fonsagrada o un máis na comarca de Lugo?

-A agrupación do PP na Fonsagrada acadou nas anteriores uns bos resultados e gañou as eleccións. Neste caso un BNG que, por moito que fale, despois cando toma decisións sempre actúa da mesma maneira... repregouse a un socialismo que ademais creo que é do máis rancio da provincia. E un partido xudicial estratéxico no que non paramos de traballar dende o día seguinte as eleccións porque ao igual que Lugo, sentimos que a xente pide cambio.

 


Comentar