La Voz de Galicia

Os actos en Lugo polo Día Internacional dos Museos

Lugo

suso varela Lugo / La Voz
El arqueólogo Celso Rodríguez Cao y el música Germán Díaz en la Domus do Mitreo

Rede Museística de Lugo, Viladonga, O Vello Cárcere e Domus do Mitreo celebran este mércores esta data

17 May 2022. Actualizado a las 17:11 h.

O 18 de maio é o Día Internacional dos Museos e celébranse varios actos con motivo desta data nos principais museos de Lugo e provincia. 

rede museística provincial

Actos ao longo da xornada. No Museo Provincial de Lugo, ás 11.00 horas, «Con mandil», visita guiada con Lucía Dequidt. Actividade dirixida a todos os públicos. Ás 12.00 horas, «O Poder dos Museos e a súa capacidade transformadora, tecendo co terceiro sector». Presentación de Encarna Lago, xerente da rede, acompañada das 15 entidades proxectarase o documental «Sintonías: 15 anos da rede lucense de voluntariado». Todos os públicos. De 18 a 20.00 horas, «Forza heroica: DIM2022». Un obradoiro no que traballarán «as emocións e recorrendo a nosa mente converteremos as nosas debilidades nas nosas fortalezas, ensinando a forza de cada un/unha de nós trasladada a comunidade museolóxica». Este mesmo obradoiro, ás mesmas horas, farase en San Paio de Narla. Tamén hai actividades no Pazo de Tor, onde se celebran as segundas Xornadas Pacegas e se abren novas estancias. A partir das 17.00 horas haberá visita guiada a cargo da responsable do proxecto museolóxico e museográfico de xénero e igualdade, Encarna Lago: «SoTERRAdas: a vida tralos mantelos, da fortaleza ao pazo», acompañada por Ángeles Rivada González. Ás 17.40 horas haberá presentación de proxectos «O poder da creatividade e a innovación dos museos», entre elas unha residencia poética entorno á figura de Uxío Novoneyra. Ás 18.00 horas, «Os traballos das criadas e dos criados na Galiza do Antigo Réxime», a cargo de Isidro Dubert. E ás 19.00 horas, «Amas de cría e economías familiares en Galicia (1750-1900), a cargo de María Luisa Muñoz Abeledo. Hai que inscribirse en concertacionsrmp@gmail.com. Sairá un bus de Lugo ás 16.00 horas. 

o vello cárcere

Obradoiros para varias idades. Con motivo do Día Internacional do Museos, obradoiro infantil que trata, mediante diversas dinámicas de aprendizaxe, os valores humanos e os principais temas de actualidade que xiran arredor de datas significativas como esta. Público: 3 a 6 anos, 10 prazas. / 7 a 12 anos, 10 prazas. Horario: 17.30 a 18.30 horas. Inscricións: de balde, no centro cultural. Por outra parte, haberá un obradoiro infantil de creación de banda deseñada. A través dos fondos da biblioteca O Vello Cárcere, as participantes poderán ler, analizar e crear as súas propias historietas. 6 a 12 anos, 10 prazas. Horario: 19.00 - 20.00 horas. Inscricións: de balde, no centro cultural. 

domus do mitreo

Visita guiada e musical. O programa «Noite na Domus» ofrece hoxe unha visita guiada polo xacemento romano a cargo do arqueólogo Celso Rodríguez Cao e con acompañamento musical do zanfoñista Germán Díaz. Haberá dous pases, un ás 20.15 horas e outro ás 21.30 horas. O aforo máximo en cada quenda é de 25 participantes. As entradas pódense pedir de balde a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. Tamén se poden informar a través do número de teléfono 982 821 511, en quenda de 9.00 a 14.00 horas, ou acudir ao propio Vicerreitorado do Campus nesas horas. 

castro de viladonga

Teatro escolar. Hoxe haberá o espectáculo «El jardín del viento», a cargo de Cal y Canto Teatro, que terá lugar ás 11,30 horas. Trátase dunha actividade que mestura danza, xesto, unha coidada ambientación musical e a manipulación de grandes obxectos voadores. Dirixida a centros educativos da contorna, xa confirmaron a participación os CEIP Castro Verde, Virxe do Monte e Álvaro Cunqueiro, así como o CPI Friol, que suman unha asistencia de 250 escolares. O sábado celebran a noite dos museos cunha gran festa.


Comentar