La Voz de Galicia

A Feira do Libro converte Lugo nunha festa das letras

Lugo

X.M.P. LUGO / LA VOZ
María López Sández, primeira pola esquerda, con autoridades nun percorrido pola feira despois do pregón.

A académica María López Sández pronunciou o pregón inaugural

17 May 2023. Actualizado a las 12:53 h.

O Día das Letras Galegas xa tivo vésperas en Lugo. Se este mércores, 17 de maio, se celebra a festa central da literatura galega, o martes foi xornada maior á beira do Miño. Comezou a Feira do Libro, que tivo como pregoeira á profesora e académica María López Sández. A súa intervención tivo como escenario a Praza Maior, preto da escultura que lembra a Luis Pimentel e non lonxe da de Ánxel Fole.

Na praza, ademais, están instaladas as casetas das doce librarías que acoden á feira e que abren de once e media da mañá a dúas da tarde e de cinco e media a nove da tarde. Para hoxe están previstas, xa dende a mañá, sinaturas de libros e outras actividades.

Co gallo do Día das Letras Galegas, a área de Cultura do Concello organiza, ás seis tarde, unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego en varios lugares da cidade (Quiroga Ballesteros, A Mosqueira, San Marcos, Rúa da Raíña e Campo Castelo). Como remate (Praza Maior, oito da tarde), dez corais cantarán Negra Sombra e o Himno Galego. As agrupacións que intervirán son a Coral Xolda, Solo Voces, Schola Gregoriana Lucensis, Cantar Delas, Orfeón Xoán Montes, Lugh, Amigos do Camiño, Coral do Hospital de Lugo, Ecos do Miño e Orfeón Lucense.

A  Na Feira do Libro teñen casetas librarías de Lugo e doutras cidades da provincia.


Comentar