La Voz de Galicia

Este é o programa de Expo Lugo durante o San Froilán

Lugo

la voz lugo
Presentación de Expo LugoPresentación de Expo Lugo

A cita será no Pazo de Feiras do 7 ao 8 de outubro, sendo o tradicional desfile de gando polo centro da cidade o venres 6

01 Oct 2023. Actualizado a las 13:14 h.

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle os días 7 e 8 de outubro a tradicional feira de Expo Lugo. A feira reunirá animais dunha vintena de razas, con especial protagonismo para as autóctonas, que desfilarán polo centro da cidade o 6 de outubro. 

O deputado da Deputación de Medio Rural, Daniel García, e o xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo Rubén López, acompañados por representantes das asociacións gandeiras Asoporcel, Boaga, Avimós, Ovica e Puraga, presentaron esta mañá o programa da feira, que inclúe unha mostra gandeira con exemplares dunha vintena de razas autóctonas galegas e foráneas, así como certames e diferentes actividades formativas e lúdicas ao redor do gando.

Daniel García explicou que «a feira amosa e reivindica o papel central que o sector agrogandeiro ten no desenvolvemento económico e social de Lugo e de Galiza, e tamén no mantemento do territorio e da paisaxe» e agradeceu a «o traballo desenvolvido ao longo destes meses na elaboración do programa, froito dun traballo coordinado no que participaron as asociacións gandeiras e as entidades participantes na feira, achegando a súa experiencia e coñecementos».

Desfile polo centro de Lugo

O Desfile de Gando de Razas Autóctonas na contorna da Praza Maior de Lugo, o venres 6, ás 18.00 horas, será o prólogo da feira que se inaugurará oficialmente o sábado 7, ás 12.15 horas, coa presenza das seguintes razas, galegas e foráneas: Bovino: Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá, Vianesa, Rubia Galega e Charolesa. Ovino: Ovella Galega, Charolesa, Suffolk, Inra 401, Romanoff, Texel negra e Sasi Ardi. Caprino: Cabra Galega e Boer. Porcino: Porco Celta. Aves: Galiña de Mos e Galiña Piñeira. Equino: Pura Raza Galega e Pura Raza Árabe. Cans: Can de Palleiro

Na cafetería do Pazo de Feiras, ofreceranse menús especiais con produtos de razas autóctonas, que pretenden promocionar o consumo destes alimentos de calidade.

O programa de Expo Lugo é o seguinte

 VENRES 6

SÁBADO 7

DOMINGO 8

 


Comentar