Manuel Andrade, astrónomo en Lugo: «Teriamos que esperar uns 700 anos para volver atopar un meteorito como o de Baralla»
Baralla
O astrofísico impartirá unha charla sobre o meteorito de Traspena este venres en Muras
25 May 2023. Actualizado a las 05:00 h.
O 18 de xaneiro de 2021, coa pandemia aínda de por medio, un veciño de Baralla atopou un meteorito en Traspena, na parroquia de Covas en Baralla, un feito exraordinario en toda Galicia que enseguida espertou a curiosidade de investigadores e especialistas en astronomía, que continúan a estudar as súas características e causas.
Tal é así, que Manuel Andrade, profesor e investigador de astronomía e astrofísica do Campus Terra de Lugo, un dos maiores estudosos deste caso, acudirá este venres 26 de maio ás 19.30 horas á Casa do Médico, en Muras, que conta co distintito Starlight pola calidade do seu aire para poder ver o ceo, para impartir unha conferencia sobre o caso do meteorito de Traspena, onde desvelerá todos os achados con repecto a este corpo ata o momento.
—Tiñan constancia de que podía caer este meteorito na Península?
—A verdade é que non. Foi un fénómeno luminoso que se captou con cámaras dende toda a Península Ibérica, e agora temos parte del, concretamente medio quilogramo, que non é pouco, pero o meteorito enteiro contaba cun diámetro de dun metro e quince centímetros e de 2.600 quilogramos de peso en total, tratábase dun pequeno asteroide.
—E agora, onde se atopa?
—Este ano fixemos unha presentación no Museo de Historia Natural na USC en Santiago, onde se depositou unha das metades. A outra aínda está por presentar no concello de Baralla, que esperemos que teña lugar ste mesmo verán, pero por agora seguen estudándoo. Estamos moi orgullosos porque a investigación levámola case toda dende o Campus de Lugo, e isto ten moito mérito.
—Como foi a investigación relacionada co meteorito de Traspena?
—Tanto desde Lugo como dende Santiago de Compostela, a USC ten dúas estacións de detección deste tipo de fenómenos. Dende que se soubemos que se ía poder ver, iniciouse un proceso de investigación moi minucioso. Calculamos a súa órbita arredor do sol, e aí chegamos á conclusión de que se trataba dun pequeno asteroide que orbitaba entre a Terra e Marte, e agora seguimos estudando todos os seus pormenores.
—Era posible aproximarse ao lugar no que podrería caer o meteorito?
—É moi complicado sabelo, pero non nos imaxinabamos que puidese caer en Baralla para nada. Só se conservan decenas de materiais coma este en todo o mundo, e é a primeira vez que acontece algo así en Galicia. Non podemos dicir que sexa imposible atopar un meteorito, pero o certo é que nos sorprendeu moito porque na orografía dos Ancares é realmente complicado atopar un material coma este, tanto polo terreo como pola forza do vento.
—Entón, trátase dun fenómeno realmente excepcional?
—Dende logo, e nón só en Galica, senón en todo o mundo. Este foi o caso número 43 en toda a historia, e terían que pasar uns 700 anos para que volvese a pasar isto en Galicia. Incluso na Península Ibérica, a frecuencia media é de 35 ou 40 anos.